ANO 2023
-
-
Xira "CAMIÑO LONGO 2023"
Treixadura retomou os escenarios no ano 2022 para presentar o seu disco de 30º Aniversario CAMIÑO LONGO, realizando máis de 30 concertos por toda a xeografía galega. Tódolos miles de seguidores que ao longo destas tres décadas os acompañaron de xeito incondicional puideron ser partícipes deste aniversario e gozar da súa música polos catro puntos cardinais do noso País.
O grupo de gaiteiros que formaron Treixadura no 1990 poden ver, 33 anos despois, como o seu proxecto de música tradicional chegou a converterse nunha auténtica institución en Galicia.
Os concertos de Treixadura ao aire libre son un gran espectáculo de música tradicional cun despregamento de luz e son de alto nivel. En interiores adaptámonos as condicións do local.
A duración do concerto é duns 90 minutos, precisando, ademais, de unha hora e media para probas de son e luz.
Como concertos especiais e destacados no ano 2022 podemos mencionar o celebrado na Praza de España de Pontevedra o día 17 de agosto, con motivo das Festas da Peregrina, no que Treixadura convidou ao Coro Cantigas e Agarimos e, a maiores, á Banda de Música de Pontevedra.
Dende 1990 TREIXADURA é sinónimo de música tradicional; ritmos, cantos e instrumentos galegos que encaixan tanto nas romarías máis populares como nas festas e eventos urbanos, co obxectivo de que o público goce bailando, cantando e escoitando a música dos seus 16 compoñentes. Foron anos de gravacións e concertos, 8 discos no mercado e diversas colaboracións discográficas, aválannos. Foron anos compartindo co público o poder e a forza evocadora, máxica e reconfortante do canto colectivo. Foron galardoados como Mellor Grupo de Música tradicional Galega nos Premios Galegos da Música "Martín Códax" 2013. No 2014 recibiron a homenaxe da Asociación de Funcionarios para a Normalización Lingüística pola súa esquisitez no tratamento musical e escénico do noso folclore e o seu traballo a prol da recuperación da música tradicional galega.
Na primavera de 2022 Treixadura editou o seu disco “CAMIÑO LONGO”, que foi presentado no Teatro Afundación (García Barbón) de Vigo o sábado 21 de maio. Este novo disco foi a base do espectáculo que o grupo ofreceu nos ano 2022 en máis de 30 concertos, e serao tamén para a xira 2023.
http://www.youtube.com/watch?v=EA09AykKMJk
https://www.facebook.com/treixaduragalicia/
Treixadura web
https://www.facebook.com/treixaduragalicia/
Treixadura web
ALGUNHAS FOTOS DOS CONCERTOS MÁIS SIGNIFICADOS
Formación integrada por dúas xeracións de músicos multi-instrumentistas e excelentes cantores, que ofrecen unha selección de pezas maiormente procedentes do repertorio tradicional galego. A súa inusual instrumentación base: acordeón-gaita-bombardino, revelouse como unha combinación acaída e suficiente, que imprime ás pezas tradicionais unha sonoridade orixinal, ao que contribúe a excelente calidade interpretativa dos músicos. Ocasionalmente tamén se pode escoitar o son do piano e a sorprendente sonoridade das trompas.
A música de Os Xesteira está sustentada nunha base harmónica a cargo do acordeón e, ocasionalmente, do bombardino, e perfilada coa melodía de gaita. A versatilidade do bombardino permítelle acometer tanto funcións harmónicas como interpretar a melodía máis bulideira.
O público conecta coa música de Os Xesteira dende os primeiros compases e ata a fin do concerto, que remata de xeito festivo coa interpretación dun popurrí de varias polcas coñecidas.
Este singular trío vén realizando actuacións e concertos na súa vila de Cambados dende 2017.

Cabe destacar o concerto ofrecido xunto coa Banda Municipal de Santiago de Compostela na praza das Praterías en Setembro de 2017. Extraordinarios tamén os concertos realizados nas Festas da Peregrina 2020 de Pontevedra e no Festival Xironsa de Cambados no mesmo ano.
COMPOÑENTES:
Xaquín Xesteira: Gaita (Co-fundador de Treixadura, mestre de gaita na E-Trad de Vigo, actual director das seccións de gaita e percusión en Sondeseu, actual director do coro Cantigas e Agarimos, colaboracións con múltiples grupos e bandas de música, divulgador da música tradicional).
Anxo Xesteira: Acordeón (músico multi-instrumentista, diversos grupos e bandas de música)
Roi Xesteira: Bombardino (músico multi-instrumentista, diversos grupos e bandas de música).

VÍDEOS DE ACTUACIÓNS:
https://m.youtube.com/watch?v=-haR2ZbXKJY&feature=share (Coa Banda de Música Municipal de Santiago)
https://m.youtube.com/watch?feature=share&v=5oZyOUSz418 (Coa Banda de Música Municipal de Santiago)
https://www.facebook.com/xaquin.xesteiralosada/videos/3463071910370364 (Nas Festas da Peregrina 2020 en Pontevedra)
https://www.facebook.com/100002418960545/videos/pcb.3266203786803555/3266203373470263/ (No festival Xironsa 2020 en Cambados)
Marcha Procesional de San Roque de Cambados
Cantiga de Pontevedra-Xota da Guía-Xota de Oliveira
A Virxe do Portovello
Alborada de Verín
Valse para Lucía
IN MEMORIAM
D.E.P. NARF FALECEU O 15 DE NOVEMBRO DE 2016 AOS 48 ANOS DE IDADE.
A MIÑA HOMENAXE E RECORDO POR SEMPRE.
FRAN PÉREZ “NARF”
Despois de máis de vinte anos no mundo da música e formar parte de diversas bandas de rock Fran Pérez, artista relacionado dende sempre co mundo da cultura teatral e musical, creou no ano 2004 o concepto NARF. O proxecto do polifacético músico rompeu as barreiras e converteuse nunha das aventuras musicais máis interesantes da última década en Galicia. Un artista inquedo, que investigaba o ritmo e a harmonía. Nomeado como Mellor Artista de Rock nos Premios Galegos da Música "Martín Códax" 2013.
VÍDEO DE FRAN PÉREZ "NARF"
http://www.youtube.com/watch?v=BNjL6ObU2ro