NOTICIAS

2/4/24
A longa traxectoria de Treixadura vese recoñecida nos XXIII Premios Opinión da Música de Raíz, organizados polo diario La Opinion, A Coruña. 
O décimo sétimo premio Andaina Senlleira salienta a súa andaina nos 34 anos que levan percorrendo o país cunha música que é a propia do noso pobo.

15/3/23
O grupo Os Xesteira convértese en cuarteto coa incorporación de Esther Serrano aos saxos tenor e barítono. Con este formato encaran o 2023.
29/10/22
Hoxe faleceu Antón Cabaleiro, voz barítona e pandeireta do orfeón de Treixadura. D.E.P.
27/4/22
O día 21 de maio Treixadura presentará en primicia o novo libro/disco de 30º Aniversario, CAMIÑO LONGO, nun concerto que ofrecerá ás 21:00 h no Teatro Sala de Concertos AFundación, de Vigo.
19/10/21
Treixadura ofrecerá a súa xira e disco de 30 Aniversario no 2022.
18/1/21
Treixadura suspende a súa xira para o 2021 por mor da Covid19.
6/7/20
Ante a incerteza sanitaria creada polo COVID19 Treixadura tomou a dolorosa decisión de suspender a súa Xira 2020, agradecendo o interese de tantas organizacións e institucións interesadas pola súa música. Retornarán con máis folgos no 2021 presentando o disco e xira de 30 aniversario.
5/3/20
Hoxe publícase o segundo disco de Xosé Lois Romero & Aliboria "Latexo". Aquí van dúas das pezas que compoñen este novo traballo: "Muiñeira de Ons"; "O acougo do colo".
14/2/20
Treixadura xa está gravando o seu disco conmemorativo do 30 aniversario da formación do grupo. Contará con colaboracións especiais coma a Banda de Música Municipal da Coruña, o Coro Cantigas e Agarimos e o arpista Rodrigo Romaní.
27/11/19
Na próxima primavera sairá ao mercado o novo disco de Xosé Lois Romero & Aliboria. Xa vos manteremos informados.
22/2/19
O 28 de febreiro Xosé Lois Romero & Alibora preséntannos nas redes a Muiñeira de Ons, un adianto do novo disco que van publicar en breve. Atentos!!
1/2/19
Para o 2019 o grupo Xosé Liz Cuarteto poderá ser contratado a través de ARMúsica. Agardamos moitos éxitos para eles.
12/3/18
TREIXADURA COLGA O CARTEL DE AFORO COMPLETO PARA O CONCERTO DE PRESENTACIÓN DO SEU NOVO DISCO “INDA CANTO”
Moitas grazas a tódolos amigos que nos acompañan neste día especial.
27/3/18
Treixadura anuncia a presentación do seu novo disco "INDA CANTO" nun concerto que será ofrecido o 13 de abril ás 21:30 h no Teatro-Sala de Concertos Afundación de Vigo. Reserva/compra de entradas en: https://entradas.ataquilla.com/ventaentradas/es/
1/1/18
ARMÚSICA dá a benvida ao grupo XOSÉ LOIS ROMERO & ALIBORIA agardando que esta nova etapa estea chea de exito e moita música.
28/12/17
A web www.notodo.com, especializada en música, escolleu o disco XOSÉ LOIS ROMERO & ALIBORIA como o 5º mellor disco do ano 2017 de toda España!!! https://www.youtube.com/watch?v=Ge9Uu8SeGDE
28/12/17
Treixadura atópase na metade da gravación do seu novo disco, que será presentado en concerto no Teatro Afundación (García Barbón) de Vigo o venres 13 de abril de 2018.
1/8/17
Treixadura ofreceu un histórico concerto o día 30 de xullo de 2017 na Pza. da Quintana de Santiago de Compostela no que convidou ao Coro Cantigas e Agarimos e á Banda de Música Municipal de Santiago.
http://s3.eu-central-1.amazonaws.com/asestelo360/treixadura/index.html
28/7/17
TREIXADURA deseñou un concerto especial para interpretar con coro e banda de música. Será ofrecido o 30 de xullo na Pza. da Quintana, en Santiago de Compostela, convidando ao coro Cantigas e Agarimos e a Banda de Música Municipal de Santiago.
28/7/17
TREIXADURA está traballando nas pezas do seu próximo disco, que será presentado na próxima primavera.
31/05/16
RIOBÓ participará este ano no Festival Intercéltico de Lorient con dous concertos os días 6 e 8 de agosto.
11/03/16
Narf desenvolverá tamén este ano os seus concertos didácticos por IES de Galicia co recital "De Rosalía a Craveirinha. A marabillosa viaxe da lingua Galega".
01/03/16
Narf realiza unha longa xira con Uxía por EE.UU. Catorce concertos durante máis dun mes presentando o proxecto "Baladas da Galiza Imaxinaria".
19/01/16
NARF inica a súa primeira xira internacional do ano en Arxentina, con Uxía, ofrecendo cinco concertos do proxecto "Baladas da Galiza Imaxinaria".
17/04/15
RIOBÓ. Presentación do seu novo disco Quiral á prensa e amigos (Con Actuación Musical)